Tania Sánchez Candidatura por Madrid

Tania Sánchez

Nacín en Madrid en 1979. Diplomeime en Educación Social e, ao rematar a carreira, traballei no ámbito da rehabilitación de persoas drogodependentes. Son licenciada en Antropoloxía Social e Cultural pola UNED. En 2007 fun elixida concelleira polo concello de Rivas Vaciamadrid, onde ocupei as concellerías de Cultura, Festas e Cooperación ao Desenvolvemento. En 2011 fun elixida deputada na Asemblea de Madrid, cargo que abandonei en 2015 para impulsar os procesos de unidade popular desde a plataforma Convocatoria por Madrid. Actualmente son candidata ao Congreso dos Deputados por Podemos.

Comparte o meu perfil