Sofía Castañón Candidatura por Asturies

Sofía Castañón

Teño 32 anos, nacín en Xixón e crieime cun pé en Mieres. Dende hai nove anos levo unha produtora audiovisual e antes traballei como presentadora, produtora de TV e xornalista cultural. Teño publicado varios libros de poemas en castelán e máis en asturiano. Algúns deses libros recibiron premios (Asturias Joven 2006, Pablo García Baena 2007, Nené Losada Rico 2009) e tamén algúns proxectos artísticos (Premio Astragal 2006 e 2012). A Residencia de Estudantes foi a miña casa durante un ano. Como poeta, participei en festivais dentro e fóra de España. Imparto talleres de creación literaria e moderei clubs de lectura de barrio. Realicei videoclips e documentais centrados en cuestións culturais e sociais. Se dice poeta (2014) é un documental feminista e a miña primeira longametraxe coma directora. Son nai dun neno de tres anos.

Comparte o meu perfil