Segundo González Candidatura por Asturies

Segundo González

Nacín en Pola de Allande, Asturies, en 1988. Licencieime en Economía e en Xornalismo na Universidade Carlos III de Madrid. Teño un mestrado en Administración de Entidades da Economía Social pola Universidade de Valencia e actualmente estou a finalizar o grao en Socioloxía na UNED. Desenvolvín a miña actividade profesional na comunicación corporativa e no asesoramento económico a entidades da economía social. As miñas áreas de investigación académica son a economía colaborativa e a economía social do coñecemento.

Como activista participei en diferentes colectivos universitarios en defensa da educación pública, en Juventud sin Futuro, na Oficina Precaria e no 15M. Dende xaneiro de 2014 coordino a área de Finanzas e Transparencia de Podemos e colaboro coa área de Economía.

Comparte o meu perfil