Sara Carreño Valero Candidatura por La Rioja

Sara Carreño Valero

Teño 30 anos, son licenciada en Administración e Dirección de Empresas e actualmente estou finalizando os meus estudos de Dereito na UNED. Cheguei A Rioxa tras ter vivido varios anos n o estranxeiro, en disitintos países da Unión Europea. Como para moita xente nova profesional da miña xeneración, a crise e a precaridade levaronme a buscar traballo fóra de España. Cando en maio de 2011 a Porta do Sol encheuse de xente reclamando democracia, colaborei impulsando o mesmo movemento desde Roma. Só uns meses despois, ofreceronme un posto de traballo en Logroño e puiden regresar. Desde entón, encargome do desenvolvemento internacional de negocio da unidade de reprodución asistida dunha clínica local.

Colaboro co Banco de Alimentos e fun voluntaria durante anos no Proxecto Alba de Cáritas, destinado a menores en risco de exclusión social. Aínda que sempre me interesou a política, nunca estivera afiliada a ningún partido ata que xurdiu Podemos. Podemos proporcionoume unha perspectiva diferente da política e un mecanismo para facer realidade o que reclamamos durante o 15M. Participei activamente na creación do círculo de Logroño desde os seus inicios e actualmente ocúpome de diversas tarefas dentro da organización autonómica. Agora me presento coma candidata ao Congreso dos Deputados coa esperanza de formar parte do cambio político que precisa España. Desde alí traballei para poñer as institucións ao Servizo da xente, que é a única maneira de construír un futuro mellor para todos e todas. Sei que tiven moita sorte ao conseguir un posto de traballo que me permitise volver a casa, pero queda demasiada xente nova emigrante, e cada día vanse máis. Agora toca construír un país ao que poidan volver.

Comparte o meu perfil