Rosana Pastor Muñoz Candidatura por Valencia

Rosana Pastor Muñoz

Nacín en Alboraia, no corazón da horta valencian, en 1960. Desde a adolescencia, gustaronme o teatro e a política: poñerme na pel doutros. Licencieime na Escuela de Arte Dramático de Valencia (ESAD) e entendín que esa era a miña forma de incidir no mundo. Traballei en teatro, en cine e en televisión. O cine abriume á conciencia social a través da miña participación en Tierra y Libertad, de Ken Loach, pola que ademais gañei un Goya coma mellor actriz revelación en 1996. Desde entón, esa conciencia social viviu comigo. A miña actividade profesional levoume a participar en numerosas obras de teatro e en máis dunha cincuentena de producións cinematográficas e audiovisuais, nacionais e internacionais; fun candidata a outros dous premios Goya e obtiven distintos galardóns polo meu traballo coma actriz. Inicieime no campo da dirección cun documental sobre Blasco Ibáñez e a Primeira Guerra Mundial e renunciei a dirixir o miña primeira largometraxe de ficción tras ser elexida coma deputada. Unha das experiencias que máis marcaron a miña traxectoria persoal foi a miña implicación na defensa dos dereitos de distintos colectivos cidadáns e a miña participación na Plataforma de Artistas contra a Guerra.

A vida agasalloume o privilexio de ocupar un escano deste Congreso para poñer o meu traballo ao servizo da colectividade.

Comparte o meu perfil