Rosa María Artal Candidatura por Zaragoza

Rosa María Artal

Nacín en Zaragoza en 1949. Son xornalista e escritora. Licencieime en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, cursei tamén estudos de Socioloxía e Ciencias Políticas.

Desenvolvín unha ampla carreira en televisión, radio e prensa. En RTVE, como presentadora de informativos e unha das reporteiras clásicas de Informe Semanal. Para este programa cubrín importantes acontecementos coma a caída do Muro de Berlín. Radio imaxinativa de noite en RNE. Correspondente de El País en Aragón, nos comezos. Columnista de eldiario.es desde a súa fundación, de CTXT.es, e previamente de El País e Público. Estou moi presente en redes sociais e son autora do blogue El Periscopio.

Publiquei unha decena de libros, de literatura e de ensaio. Destacan Diario dunha muller alta (2001), 11M-14M, Onda expansiva (2004), A enerxía liberada, o estalido social dun mundo en crise (2011), e Reacciona (2011), que, con varios autores e José Luis Sampedro á cabeza, coordinei. Foi o ensaio español máis vendido aquel ano ao fío do 15M.

Urxe dar volta á perigosa senda de involución e desigualdade que nos arrastra e quero comprometerme no intento de virar o rumbo. Creo que quen mellor pode facelo neste momento é Podemos. E sumeime ás listas de Unidos Podemos como independente. Espero que moitos máis veñan colaborar no empeño.

Comparte o meu perfil