Rocío Blanco Candidatura por Palencia

Rocío Blanco

Nacín o 20 de outubro de 1966 en Villambroz (Palencia). Son licenciada en Dereito e traballo coma avogada laborista no sindicato Comisións Obreiras. Fun a segunda presidenta do Consello Provincial da Mocidade de Palencia (e a primeria muller en ocupar ese posto), no que participei practicamente desde a súa constitución procedente do asociacionismo xuvenil, en concreto en ACUP, de cuxa primeira Xunta Directiva democraticamente elexida fun membro. Desde ahí comezou a miña participación noutros movementos e plataformas coma a Plataforma pola Insumisión, o Comité pola Paz, a Coordiandora de Mulleres, etc. e a miña posterior afiliación a Izquierda Unida.

Fun concelleira de IU no Concello de Palencia durante dúas lexislaturas. Represento á Área da Muller de IU na Plataforma polos Dereitos das Mulleres de Palencia, de cuxa fundación fun participé. Participei en diversas plataformas e foros coma o Foro Social. Son ademais socia de ARCO, Asociación de Consumidores/as e Produtores/as Ecolóxicas.

Presentome a estas eleccións porque creo que é o momento de transformar este país e reverter as políticas neoliberais e antisociais que viñemos padecendo, porque a situación de emerxencia social que vivimos (desafuizamentos, paro, emigración, privatizacións e recortes continuos de dereitos, empezando polo dereito ao traballo e a un salario digno, pero tamén á educación e a sanidade públicas, gratuitas, universais e de calidade e a uns servizos sociais dignos para as persoas maiores discapacitadas ou en risco de exclusión social), requere que todas as persoas acheguemos todo o que poidamos ou saibamos para revertela.

Comparte o meu perfil