Raimundo Viejo Viñas Candidatura por Barcelona

Raimundo Viejo Viñas

Teño 46 anos, son licenciado en Xeografía e Historia con grado na especialidade de Historia contemporánea e Doutor en Ciencia Política e da Administración (premio extraordinario 2002) cunha tese sobre a Unificación de Alemaña. Fun profesor nas universidades de Girona, New Haven, Chicago e na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, Lausana e Santiago de Compostela. Son especialista en nacionalismos, movementos sociais, transicións e teoría política. Fun activista, desde unha idade temperá, en numerosos colectivos, proxectos e plataformas. Desde 2011 son membro do proxecto editorial e educativo, Artefakte e desde o 24M até o pasado 30 de outubro fun conselleiro de Educación e Universidades por Barcelona en Comú.

Comparte o meu perfil