Pedro Arrojo Agudo Candidatura por Zaragoza

Pedro Arrojo Agudo

Son doutor en Ciencias Físicas e profesor emérito de Análise Económica da Universidade de Zaragoza. A miña investigación, centrada na economía e xestión da auga, desenvólvese en setenta libros e máis de cen artigos científicos.

Durante doce anos fun membro do comité científico do Programa MAB da Unesco. Fun Presidente da Fundación Nueva Cultura del Agua, dos dous primeiros Congresos Ibéricos sobre Planificación e Xestión de Augas (Zaragoza, 1998, e O Porto, 2000) e do Encontro Latinoamericano pola Nova Cultura da Auga (Fortaleza, O Brasil, 2005). Promovín a Declaración Europea pola Nova Cultura da Auga, asinada por cen científicos da Unión Europea e dirixín o Foro Ético da Auga, na Expo sobre Auga e Sostenibilidade (Zaragoza, 2008).

En 2003 recibín o Premio Goldman de Medio Ambiente; en 2004, o Memorial Juan XXIII pola Paz; en 2006, a Medalla ao Mérito Universitario da Universidade Veracruzana (México); e, en 2011, o nomeamento de Profesor Honorario da Universidade Nacional de Enxeñería do Perú.

Comparte o meu perfil