Meri Pita Candidatura por Las Palmas

Meri Pita

Nacín nas Palmas de Gran Canaria. Son a segunda de catro irmáns e a única rapaza. Cursei os meus estudos nun colexio e nun instituto público s e na Escola de Maxisterio.

A finais dos anos setenta entrei a militar nas xuventudes de células comunistas e desenvolvín a miña formación política a carón de figuras da talla de Fernando Sagaseta, Joaquín Sagaseta ou Pedro Limiñana. Fun unha das fundadoras do grupo de teatro popular Manticore. Traballei a carón de compañeiros e compañeiras nas eleccións xerais e locais que auparon á UPC ao Concello das Palmas de Gran Canaria e a elección como parlamentario de Fernando Sagaseta.

En 1984 aprobei oposicións e ingresei na Administración de Xustiza coma empregada pública, onde fun elexida pola asemblea de traballadores coma primeira candidata nas primeiras eleccións a Órganos de Representación no 1987. Nos anos noventa fun candidata por IUC a carón de Fernando Sagaseta e Margarita Etala ás eleccións xerais e locias.

Son unha firme defensora da unidade de acción da clase traballadora a través da loita activa, participo en proxectos unitarios coma a coordinadora de solidariedade obrera e o aunamento entorno a esa idea concretase na creación da Coordinadora Sindical Canaria, que impulsa e concreta a manifestación unitaria do pasado 1 de Maio, Día do Traballador.

Comparte o meu perfil