Mae de la Concha Candidatura por Islas Baleares

Mae de la Concha

Teño 61 anos, son autónoma, nai de tres fillas e libreira na Citadella de Menorca, onde vivo desde trinta e cinco anos.

Empecei a traballar aos 16 anos e miña formación é basicamente autodidacta. Vivín en Francia e tamén en Inglaterra. Obtiven o título superior dea EOI na convocatoria libre, tanto de inglés coma de francés. O meu catalán é razoablemente bo, e teño certo nivel de italiano. Sempre que tiven ocasión me apuntei a cursos e obradoiros relacionados con literatura, arte e pensamento.

Interesame todo o relacionado coa infancia, a educación nos primeiros anos de vida, os efectos da cultura patriarcal nas relacións cotiás, e a situación das nenas e adolescentes no mundo actual. Sempre que puiden colaborei dando clases a nenos e nenas de familias vulnerables.

Menorca é reserva da biosfera e o medio ambiente e os efectos do cambio climático son outro tema que me preocupa e sobre o que me procuro informar. Tamén as condición na que viven os animais, a biodiversidade, o cultivo e o consumo local, etcétera. Son socia do GOB (grupo ecoloxista con gran peso nas illas) e de Greenpeace.

Entrei a formar parte de Podemos a raíz das eleccións europeas nas que, por primeira vez, un grupo de persoas que si me representan obtivo un resultado sorprendente e esperanzador. Agora son eu quen, xunto cun nutrido grupo de cidadáns e cidadás, pretende representar no noso Parlamento a quen aínda non ten voz. Xente corrente que contempla indignada e atónita como dereitos xa adquiridos desaparecen un tras outro e como camiños xa abertos se ven cortados de novo. Co apoio da cidadanía e o esforzo conxunto de quen non nos conformamos lograremos que xire o vento e que os aires de cambio sopren a noso favor. Anímame ver o gran nivel dos meus compañeiros e comapñeiras, tanto no Congreso coma no Senado. Pola miña banda, espero poder achegar experiencia que dan os anos e ter vivido e traballado en moitos lugares diferentes.

Comparte o meu perfil