Lucía Martín González Candidatura por Barcelona

Lucía Martín González

Nacín en Lugo en 1979, son enxeñeira química e teño estudos de doutoramento en Ciencias Ambientais. O meu primeiro contacto cos movementos sociais foi no Ateneu Candea de Terrassa, onde participei en diferentes actividades e seminarios de formación. Máis adiante participei con entusiasmo nas manifestacións de V de Vivenda de Barcelona e no 2009, formei parte do grupo impulsor da Plataforma de Afectados pola Hipoteca en Barcelona. Desde entón participei en moitas e diferentes tarefas dentro deste movemento. Actualmente dedícome á inspección de plantas de tratamento de residuos e son investigadora precaria na UAB, onde estudo procesos biolóxicos para eliminar contaminantes do medio ambiente.

O movemento polo dereito á vivenda foi a miña escola, nel aprendín que cando a xente normal se atopa, se une e se empodera, é posible transformar a resignación e o medo en vitorias. Preséntome como candidata ás eleccións porque considero que o ciclo electoral que empezou o 24M abre unha posibilidade de cambio a nivel institucional, unha rañura para facer realidade moitas das reivindicacións que esiximos desde hai tempo.

Comparte o meu perfil