Juana Caro Candidatura por Ciudad Real

Juana Caro

Nacín en 1971, son valdepereña e nai de dúas fillas. Diplomeime en Graduado Social, licencieime en Filosofía e Letras, na súa especialidade de Pedagoxía, pola Universidade de Granada, e obtiven o Diploma Superior en Mediación Social Intercultural na Universidade Complutense de Madrid.

Desenvolvín a miña actividade docente desde o ano 2003 en diferentes centros. Na actualidade traballo no IES Comendador Juan Távora, de Puertollano, onde colaboro activamante cos recursos do entorno, en especial co Centro de la Mujer no papel de concienciación e sensibilización que desenvolve na localidade, respecto a volencia de xénero, acoso, etcétera.

A miña traxectoria política tamén comeza en 2003, coma responsable da Área de Mocidade e de Muller da Asemblea Local de IU, da que son a súa actual coordinadora. Son concelleira do concello de Valdepeñas por IU – Gañemos nas eleccións municipais de 2015, fun elexida mediante primarias abertas coma candidata ao Congreso dos Deputados por IU – Unidad Popular por Cidade Real nas pasadas eleccións do 20D.

Encabecei concentracións durante meses para denunciar recortes en materia de asistencia a mulleres maltradas, son participe activa da Marea Verde (Promotora da Plataforma en Defensa da Escola Pública de Valdepeñas), denunciei os recortes en Atención Temprana na comarca de Valdepeñas, e son membro da Xunta de Persoal Docente de Cidade Real coma representante de CC. OO.

Comparte o meu perfil