Juan Antonio Delgado Ramos Candidatura por Cádiz

Juan Antonio Delgado Ramos

Nacín en San Fernando, Cádiz, en 1971. Crecín en La Ardila, un barrio de xente traballadora e humilde. Son o menor de sete irmáns, fillos dun albanel e unha ama de casa. Son garda civil desde 1992. Os últimos dezaoito anos estiven implicado no sindicalismo desde a Asociación Unificada de Gardas Civís (AUGC). Na AUGC pasei por diferentes cargos, desde secretario provincial en Cádiz ata voceiro nacional. Como consecuencia do exercicio da loita sindical, recibín dezaoito expedientes disciplinarios por facer uso da liberdade de expresión. Unha das experiencias máis importantes da miña vida foi o meu paso por Haití para traballar en axuda humanitaria tras o terremoto. Para saber máis sobre min, podes visitar o meu blogue http://juanantoniodelgado.es

Comparte o meu perfil