José Carlos Martínez Porra Candidatura por Melilla

José Carlos Martínez Porra

Nacín en Melilla hai 50 anos, teño dúas fillas, un fillo e dous netos. Tras traballar en diferentes sectores, decidín facerme autónomo, hai xa ventioito anos, e levo un estanco en Melilla. Fun unha das persoas que participaron nas asembleas que tiveron lugar no Parque Hernánmdez en 2013/2014.

Sempre implicado nos problemas da cidade de Melilla, e vixiando o que ocorría desde o social e a política, confeso que foi nesas asembleas cando volvín a ilusionarme e a emocionarme coa posibilidade de cambiar as cousas. Agora estou sentindo de novo a política porque se non se fiscaliza o que se fai desde as institucións, as cousas non funcionan. Non podemos seguir aceptando «pan para hoxe, fame para mañá», temos que buscar o ben común.

Fun candidato ao Senado por Podemos Melilla nas eleccións do 20D de 2015.

Comparte o meu perfil