Jorge Luis Bail Candidatura por Huesca

Jorge Luis Bail

Son de Huesca e teño 31 anos. Estudei Enxeñería Química, traballei fundamentalmente no ámbito das enerxías renovables e me dediquei na universidade á recuperación de materias primas no marco da ecoloxía industrial.

Sempre busquei a coherencia entre o meu traballo e os meus valores e ideas. Por iso participei en plataformas, colectivos, ONG, movementos e partidos, coma asociacións ecoloxistas, o 15M ou Equo, entre outros.

Trato de integrar na miña vida os principios da sostenibilidade, a xustiza social e o cambio de modelo socioeconómico, a través dunha cultura da paz e do traballo colaborador, e entendendo a política institucional coma un servizo temporal á sociedade que se debe dignificar e ao que hai que devolver o seu sentido.

Comparte o meu perfil