Jaume Moya i Matas Candidatura por Lleida

Jaume Moya i Matas

Nacín en Barcelona en 1972 e desde hai dez anos vivo en Florejacs, comarca da Segarra. Licencieime en Dereito, teño un posgrao en Xestión Inmobiliario e son procurador dos tribunais desde 1996. En Cervera, son impulsor do colectivo de profesionais Conscients. Fun membro da Comisión de Política Lingüística do Colexio de Procuradores de Barcelona e secretario de diversas entidades coma Torrefeta i Florejacs per la Independència, o Fòrum Espitllera ou a Fundació Jordi Cases i Llebot. Fun tamén coordinador da ANC na comarca de Segarra, voceiro da Plataforma Aturem el Fràcking e promotor da plataforma Multireferèndum. Coma activista cultural, publiquei o libro Els castells de la Segarra, dirixín sete edicións da Fira de Florejacs e participei en diversos proxectos de divulgación da cultura e o patrimonio local. Durante a XI Lexislatura fun deputado ao Congreso polas Terres de Lleida, Pirineu i l’Aran, participei activamente nas comisións de Xustiza e Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. A miña motivación política fundaméntase na xustiza social, a participación cidadá, a dignidade da identidade propia, o respecto á diferenza e a defensa da cultura e a educación. Estou comprometido coa preservación do medio e a paisaxe, o equilibrio territorial e o desenvolvemento rural. Afronto o reto de superar os modelos neoliberais para construír unha sociedade mellor cunha cidadanía feliz.

Comparte o meu perfil