Íñigo Errejón Candidatura por Madrid

Íñigo Errejón

Nacín en Madrid hai pouco máis de 30 anos. Desde moi cedo, na miña casa e grazas aos meus pais, respirei e aprendín a paixón pola política, por cambiar as cousas. Máis tarde, xa na Universidade Complutense, estudei Ciencias Políticas e participei da súa rica e variada vida política e intelectual. Realicei a miña tese doutoral sobre a construción da hexemonía do MAS en Bolivia e traballei como investigador visitante en diferentes universidades estranxeiras tanto estadounidenses como europeas. Hai pouco máis de ano e medio chamoume o meu amigo Pablo para pedirme que me incorporase como director de campaña de Podemos, para afrontar o reto das eleccións europeas. Nacemos dando a sorpresa e anunciando que o noso obxectivo eran as próximas eleccións xerais. Chegou o momento.

Comparte o meu perfil