Xavier Domènech Sampere Candidatura por Barcelona

Xavier Domènech Sampere

Son activista e profesor da Universitat Autònoma de Barcelona (UAB). Conto co premio extraordinario de doutoramento da UAB e co Ciutat de Barcelona en Historia do 2006. Como investigador, traballei sobre a relación entre movementos sociais e cambios políticos en Cataluña e España; e sobre a historia dos movementos sociais e políticos ao longo do século XX. Así mesmo, coordinei diversos proxectos expositivos e memoriais. Na miña faceta máis comprometida participei no movemento estudantil e no antimilitarista durante a década dos noventa. Nesta última década participei en movementos sindicais, movementos contra os recortes e pola defensa da universidade pública e no 15M.

Comparte o meu perfil