David Bruzos Candidatura por Ourense

David Bruzos

Son ourensano e teño 36 anos. Vivin no barrio das Lagoas a maior parte da miña vida. Son pai de dúas fermosuras de dous anos e dun mes. Aos dezaoito anos fun a Compostela para estudar a licdenciatura en Química e anos máis tarde posgradueime en Física Aplicada. Hai 12 anos que son profesor de Física e Química, aínda que nos últimos dous anos dedico gran parte do meu traballo á defensa da ensinanza pública galega, laica e igualitaria.

Participei en Nunca Máis, na Comisión de Denuncia de Galiza, nos movimentos anti-LOE, na Asemblea por unha vivenda digna, a Plataforma galega antitransxénicos ou na Rede galega de consumo responsable. Comparto diversos proxectos sociais , culturais e ecoloxistas, tanto local coma galego, con outras persoas que tamén cren na autoxestión e no ben común. Tiven a sorte de coñecer Chiapas, Oaxaca e Cisxordania coma parte de proxectos de cooperación e observación dos dereitos humanos.

Chamamos a todo o mundo, non só a soñar, senón a algo máis simple e definitivo: Espertar!

Teito, terra, pan, saúde, educación, independencia, democracia, liberdade, xustiza e paz. E, por suposto, mandar obedecendo!

Comparte o meu perfil