Daniel López Vela Candidatura por Segovia

Daniel López Vela

As miñas raíces están no ámbito rural segoviano. Desde a adolescencia sentín interese pola política e adoptei uns valores baseados na democracia, na xustiza, na liberdade e na igualdade. Son licenciado en Historia pola Universidade de Salamanca, onde tamén realicei un mestrado en Tecnoloxía Educativa. Afortunadamente, desde o ano 2006 dedico o meu labor profesional á miña vocación, xa que son profesor de Xeografía e Historia. Actualmente traballo no IES Jaime Gil de Biedma de Nava de la Asunción. Asistín con entusiasmo ao nacemento de Podemos e, acompañado por un grupo de xente comprometida, presenteime ás súas eleccións primarias para o Parlamento Europeo, de cuxa lista final formei parte. Eses días de duro traballo en equipo para contaxiar a ilusión marcáronnos, e ser parte do cambio guíanos agora para continuar nesa onda xa imparable de empoderamento cidadán.

Comparte o meu perfil