Carolina Bescansa Candidatura por Madrid

Carolina Bescansa

Son doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, sobresaliente cum laude por unanimidade; diplomada de Especialista en Dereito Constitucional e Ciencia Política do Centro de Estudos Políticos e Constitucionais, primeiro premio á mellor memoria de investigación; e especialista en Metodoloxía da Investigación en Ciencias Sociais.

Cursei estudos na Universidade de Granada, a Universidade de Lisboa, a Universidade Complutense de Madrid e na Universidade de California San Diego (UCSD). Dediquei moita atención á sociolingüística, á semiótica e á análise do discurso. Desde 1998 ata a actualidade levei a cabo unha intensa actividade investigadora no campo da socioloxía da vida cotiá, a socioloxía da saúde e a educación, a socioloxía política e a socioloxía electoral.

En xaneiro de 2014 participei na fundación de Podemos. Na Asemblea Cidadá de Vistalegre tiven a honra de ser a segunda persoa máis apoiada do Consello Cidadán Estatal. Posteriormente incorporeime ao Consello de Coordinación para responsabilizarme da Secretaría de Análise Política e Social, Programa e Proceso Constituínte.

Nas eleccións xerais do 20 de decembro de 2015, resultei elixida deputada como número dous na lista por Madrid. Desde o mes de xaneiro de 2016, son secretaria xeral do grupo parlamentario de Podemos no Congreso dos Deputados.

Comparte o meu perfil