Braulio Llamero Crespo Candidatura por Zamora

Braulio Llamero Crespo

Nacín en Manzanal del Barco, Zamora, en 1956. Son escritor e xornalista. Licencieime en Ciencias da Información, na especialidade de xornalismo, pola Universidade Complutense de Madrid. Traballei na Cadena SER de Zamora e máis en RNE de Salamanca e Zamora. Participei na fundación do diario La Opinión de Zamora, primeiro como redactor xefe e despois como director. Fun columnista diario neste xornal durante máis de vinte anos e colaborei noutras publicacións locais de Salamanca e Zamora. Como escritor, son autor de máis de vinte e cinco obras de literatura infantil, ademais de novelas e obras de teatro.

Sen militancia política anterior, son secretario xeral de Podemos Zamora desde xaneiro de 2015.

Comparte o meu perfil