Antón Gómez-Reino Varela Candidatura por A Coruña

Antón Gómez-Reino Varela

Nacín hai trinta e cinco anos. Vivo na Cidade Vella da Coruña aínda que, ao construír unha familia mestiza (en parte galega, en parte belga, en parte italiana) os últimos anos paseinos entre Galicia e Italia. O meu perfil profesional é, como é frecuente na miña xeración, heteroxéneo: estou vinculado ao mundo agrario, concretamente ao sector lácteo, pero tamén ao xornalismo, ao urbanismo participativo, á intervención comunitaria e á economía social.

A miña existencia está felizmente atravesada pola aprendizaxe vital e política de anos participando en iniciativas de activismo e movementos sociais, tanto no ámbito galego como no global. Tiven a fortuna de participar en experiencias de solidariedade, cooperación e observación de dereitos humanos en diferentes comisións internacionais en América Latina, Oriente Medio e África. Participei no lanzamento e na construción da Marea Atlántica e de Podemos. En diferentes comisións internacionais en Ámerica Latina, Oriente Medio e África. Participei no lanzamento e a construción da Marea Atlántica e de Podemos.

Trato de aprender cada día dunha pequena de sete meses que crece e lembranos as cousas importantes da vida.

Comparte o meu perfil