Ana Belén Terrón Berbel Candidatura por Granada

Ana Belén Terrón Berbel

Nacín en Granada, en 1983. Son traballadora social e tamén fun dinamizadora xuvenil na Concejalía de Juventud de Granada. Desde moi nova vinculeime ao movemento estudantil, asociativo e social da miña cidade. Nese mundo atopei a vocación que definiría a miña vida. A miña profesión levoume a coñecer a fondo a realidade social deste país e as dificultades que atravesa. Síntome comprometida coa necesidade de blindar os dereitos sociais e reconstruír uns servizos sociais universais e públicos. Actualmente, formo parte do Consello Cidadán Estatal de Podemos.

Granada é o lugar de onde veño e do que sempre fun parte activa, sobre todo desde o meu barrio, La Chana. Creo que a miña provincia é unha terra de oportunidades, limitada por un letargo imposto do que necesita espertar, volver a quen lle pertence: á súa xente, ese mar de fogos, como versaba Eduardo Galeano, que aluman o seu camiño.

Comparte o meu perfil